Como se obtén, valida e publica cada cifra desta guía.
Principio
Non estimamos, non interpolamos e non usamos intelixencia artificial para obter cifras. Cada dato publicado leva valor, período de referencia, fonte, ligazón, data de obtención e estado de verificación. Se non hai dato verificable, dicímolo.
Fluxo de datos
Fonte oficial → conector automático no servidor → normalización e control de calidade → base de datos → web. A web nunca consulta fontes externas directamente nin fai scraping no navegador.
Fonte 1 · Oficina de Acollida ao Peregrino
Alimenta as chegadas anuais, a estacionalidade mensual, a composición estatal/internacional e a serie histórica. A oficina publica hoxe as súas estatísticas nun panel Power BI sen fonte estruturada estable e autorizada, polo que o conector está preparado pero marcado como non dispoñible: preferimos non publicar antes que inventar.
Fonte 2 · Instituto Nacional de Estatística
A poboación residente obtense automaticamente da API JSON do INE (Cifras Oficiais de Poboación dos Municipios Españois, Santiago de Compostela, código 15078). Mostramos sempre o ano ao que corresponde a cifra oficial, non o ano en curso.
Control de calidade
Non se publica un dato se a fonte devolve un formato inesperado, se falta o período, se cambia a estrutura da serie, se devolve 0 onde antes había datos, se a cifra varía máis dun 30 % sen cambio de período ou se o total é inferior á suma dos seus compoñentes. Nese caso mantense o último dato verificado, márcase como desactualizado e rexístrase o erro para revisión.
Datos derivados
Só se publica un cálculo propio cando é matemáticamente correcto a partir de datos verificados, e sempre identificado como cálculo propio coas súas fontes.